VIº CAMPIONATO DE “TRUCO CON CASTAÑAS”POR PARELLAS”.

Cunha gran participación disputouse onte pola noite, na Casa da Cultura de Campaña,o tradicional “Campionato de Truco con Castañas”. Reinou a alegría, a felicidade (como diría “Palito Ortega”), a competitividade, a deportividade e , por suposto, aquel dito de “po ano que ven volvo, se deus me ten con vida”. Gracias a todas e a todos por participar, o Furia teravos sempre presentes nas súas oracións. Pronto poñeremos as fotos do Torneo, nunha estupenda reportaxe que nos fixo, de xeito totalmente altruísta, o noso ben querido Raúl Santalla “Karembeau”. Non podemos pechar esta breve nota sen destacar a ausencia na final do equipo “O Rosario da Aurora” ( Paco e Bile), outra vez será,e darlle os” parabéns” os campións “Os Cocheiros” ( Manuel Núñez e Carlo Felipe Rodríguez) e ós finalistas “Os Alpabardas” (Marcos Jamardo e Anxo Cotón) o que demostra que “quen tivo, retivo”. Gracias.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

3 thoughts on “VIº CAMPIONATO DE “TRUCO CON CASTAÑAS”POR PARELLAS”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *