XORNADAS DO 11 E 12 DE DECEMBRO (VÍSPERAS DE SANTA LUCÍA – QUITALLE Á NOITE E PONLLE Ó DÍA-)

BENXAMÍNS :

FURIA (0) – Cordeiro (9)

Campo de Campaña : Menos xente da esperada. Non veu o de “marras”.

Colexiado : Logan San Pedro. Sen problemas. Non se lle entende un carallo o que puxo na acta.

Aliñacións : Non somos capaces a descifrar ningún texto. Sentímolo moito.

Comentario : Un día parvo en ataque e un mal día en defensa permitiulle ó rival marcar nove goles, o cal non é nada fácil, a un tremendo equipo como é o noso.

Próximo encontro : Será contra o Rois, en  Pazos, o sábado 18 as 10.00 da mañá.

INFANTÍS :

FURIA (3) – Rois (5)

Campo de Campaña : Nin chovía nin facía vento.

Colexiado : Rubén Maquieira, como sempre : de tacón.

Aliñacións :

FURIA : Dani, Franco, Xabi, Manu Busto, Salva, Álex, Luis, Brais, Lucho, Samuel e Pablo……..J. Campos, Rubén e Xoán.

Rois : Lucas, Alex, Óscar, Xurxo, Estevo, Toni, Ces, Manu, Vidal, Iago e Pepe……..Cris, Samuel e Xacobe.

Comentario : Todo un espectáculo de fútbol onde os dous equipos puideron gañar pero, a experiencia do Rois , fixo que os goles de Lucho (2) e Samuel servisen de pouco. Bo partido, si señor.

Próximo encontro : O venres 17, as 16.30, no Campo de Porto contra o Cesures. Case fixo que haberá bocadillos.

XUVENÍS :

FURIA  (2) – Bertamiráns (4)

Campo de Campaña : Catro amigos e catro amigas falando das súas cousas.

Colexiado : Outra vez Logan San Pedro. Case sae a “ombros”.

Aliñacións :

FURIA : Tempe, Quique, David, Pablo, Brais A., Álex, Pepe, Santos, Adrián C., Pipe e Brais C……..Pascolo, Carlos, Diego, Pi e Xosé.

Bertamiráns : Xan, Pepe, Hector, Adrián, Santi, Mouriño, Alberte, Dani, Nico, Xacobe e Fraga……..Santiago.

Comentario : Está claro que os “Espíritos do Outono” non nos acompañan. Un derroche de potencia e velocidade, sobre todo ca entrada no terreo de xogo de Pascolo ( a ver se o leva o Estradense dunha vez), non puido ca efectividade do Bertamiráns, un dos “caponciños” da categoría, ó superarnos de xeito cruel no marcador final. Os goles do Furia foron anotados por Santos e por meu primo Adrián Castaño.

Próximo encontro : Sábado 18, as 12.00 horas, contra o Escravitude no seu campo. Bo sitio para intentar pescar.

AFECCIONADOS :

FURIA (3) – DODRO (0)

Campo de Campaña : Non había, practicamente, un sitio libre. Tanto é así que, moita xente de Dodro, quedouse a mirar o partido dende a pista mentres, os directivos e aficionados do Furia, discutían entre eles por se era por non haber sitio ou se era por non pagar a entrada. Dende esta redacción, que somos un pouco inocentes, queremos pensar que era por non haber sitio nas gradas xa que, se era por non pagar entrada, mellor que se quedaran na casa estes miserables.

Colexiado : David Rosende, auxiliado por Xan Sánchez e Nicolás Tireux. Gran arbitraxe nun gran partido.

Aliñacións :

FURIA : Carlos (1), Juanjo (1), Patxi (1), Manu (2), Nena (2), Xabi (1), Adrián (1), Liluu (1), Tito (2), Diego (3) e Álvaro (3)……….Marcos (1), Roni (1) e Rañó (1).

Dodro : Martín, Pablo, Martín M., César, Rubén, Fran, Manu, Toni, Roi, Xabi e Ramón…….Conde, Pardal, Rodríguez, Pérez e Reboiras.

Comentario : Un partido moi ben armado polos rapaces de Mac fixo posible que, o Dodro,  a pesar de contar con algunha ocasión para batir a meta defendida por Carlos Blanco -que tivo que viaxar dende Málaga case adrede-, fose dominado practicamente nos noventa minutos. O Furia foi superior ó Dodro e así o reflexa o marcador final. Fomos ó descanso con 1-0, gol de Álvaro. Na segunda metade aumentaría a conta Tito e, outra vez, Álvaro. Temos que reseñar que, no minuto 85, montouse un pequeno “lio dialéctico” entre un aficionado do Furia e outro do Dodro que fixo que o partido estivera parado, con todo resolto, uns seis minutos. Agarra por aquí, agarra por alá, insulta por aquí, insulta por alá…..Que te mato como un sapo!!! Deixa que te vexa na Chanteclé!!! Xa nos veremos no San martiño!!! Xa nos veremos no San Cibrán!!!! Ti a min non me chamas macaco!!! E ti a min no me chamas saltarín!!! E, así, unha chea de lindezas e de xoias literarias que fixo que o público estivese mais atento, nos minutos finais, a este número cirquense que ó partido. Temos que agradecer o marabilloso comportamento das dúas afeccións e das respectivas xuntas directivas. Gracias. Agora toca descansar ata o mes de xaneiro. Logo ven.

Próximo encontro :Domingo, 9 de xaneiro de 2011, en Tordoia. Esperemos que non faga moito frío. Gracias por enchernos de orgullo e ilusión. Que dure.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

2 thoughts on “XORNADAS DO 11 E 12 DE DECEMBRO (VÍSPERAS DE SANTA LUCÍA – QUITALLE Á NOITE E PONLLE Ó DÍA-)

  1. Non é por nada pero eso de que o dodro non tivo oportunidades é mentira,xa que na primeira metade o dodro puido marcar máis dun gol e causou bastante perigo(varias faltas que parou o porteiro,algunha que rozou o largueiro,o balón que sacaron debaixo dos paus co porteiro xa batido…)si eso non se consideran oportunidades…e na segunda metade o furia marcou dous goles xa que o dodro tivo que sacar dous homes do campo debido a lesións e o terceiro por culpa dalgún xogador do furia que deixou a humildade na casa(e iso que ían ganando 3-0)O comportamento dos xogadores do furia foi pouco adecuado para uns “deportistas”.Por iso penso que deberían ser un pouco máis humildes, que así van facer moitos amigos polos campos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *