1/32 COPA DO SAR (PARTIDO ÚNICO)

Furia – 7 / Touro – 0

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures. Tarde fría, de moita chuvia. Xornada de portas abertas.

Colexiado : Xulián Buxán , da subdelegación de Boiro. Sen problemas. Tal vez un pouco lento á hora de pitar. O adestrador do Touro, Puga, recriminoulle unha xogada na primeira parte. Amosou dúas tarxetas amarelas por bando.

ALINEACIÓNS

FURIA : Pincho, Miguel, Chorén, Javi Soñora (Quique, 82′), Manolito, Moncho “Pistolas”, Rubén (Martín, 62′), Manu Soñora, Lula, Manolo e Malekiño (Tito, 32′).

TOURO : Balo, Ferro, Nella, Gago, Mosqueira, Silva, Tato, Louzao, Iglesias, Ferro II e García   ……………… Rodeiro, Millán e de la Fuente.

A CRÓNICA

Pouco que dicir de este encontro ante o domino absoluto do Furia. O Touro, que era a segunda vez que nos visitaba tamén pola copa, non foi o rival esperado mostrándose  en todo momento con moita deportividade.

Os goles anotáronos Manolito, Rubén, Manu Soñora (2), Lula (que mollou a palleta) e Manolo (2).

Agora ata o 17 de maio non volverá a copa tendo que visitar ó Dodro, outra vez a partido único, que ven de eliminar ó Abanqueiro. SORTE !!!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *