SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia – 2 (Manolo, 2) / Carcacía – 1 (Alberto)

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures. Media entrada. Tarde solleira pero fresquiña.

Colexiado : Pepe Raíces II, do Colexio de Santiago. Tivo moito traballo. Ensinou un total de nove cartóns amarelos e un vermello.

ALINEACIÓNS :

FURIA : Peixe, Javi, Quique, Salva, Manuel (Paja, 8′), Manolito, Rubén (Adrián, 66′), Tito (Manu, 64′), Lula, Manolo (Miguel, 89′) e Álvaro.

CARCACÍA : Poli, Bouzas (Rubén, 75′), Castro (Ares, 86′), Gómez, Gómez II, Penedo (García, 52′), Gómez III, Álvaro (Serafín, 60′), Tourís, Mel (Magán, 64′) e Alberto.

A CRÓNICA

Non defraudou este encontro á multitude de espectadores que se asomaron ó Campo de Porto. Un partido moi disputado dende o primeiro minuto, con moito xogo no medio do campo e uns ataques con moito perigo.

O resultado da primeira parte foi o que prevaleceu no marcador final.

O adestrador do Furia Martín tivo que recompoñer linas logo de que lesionara nunha perna Manuel La Fuente ó tropezar con Mel nun balón dividido tendo que ser cambiado no minuto 8 por Paja. Ánimo e que non sexa nada.

Marcaría o primeiro Manolo ó mais puro estilo Leo Messi. Logo de irse da varios contrarios, enganchou un zurdazo dende fora da area que o bo de Poli tan so puido tocala logo de facer un estraño o balón. 1 – 0, minuto 15.

Empataría para o Carcacía Alberto, minuto 30, logo dunha boa internada pola banda da dianteira visitante.

Unha falta sinalada polo colexiado fora da area a prol do Furia é lanzada maxistralmente por Manolo colocando ó esférico na escuadra ante a imposibilidade de Poli de poder evitar o gol. Golazo.

Imos ó descanso. 2 a 1. Na megafonía ambiental sona Maná e a xente a xerrear.

O frío aumenta e comenza a segunda parte. No minuto 59 o colexiado expulsa ó porteiro Poli ó deter coas mans fora da area un balón que controlou Lula de cara o gol. Entra no seu sitio Serafín que fixo varias paradas de mérito evitando coa súa actuación que o marcador fora mais amplo. A mellor das oportunidades dispuxo dela Manolo ó rematar unha boa asistencia de Lula e despexar Serafín coa punta da bota dereita o que debería ser o tres a un.

O Carcacía non se veu abaixo en ningún momento e a base de colgar balóns puxo a defensa local en algún que outro apuro pero entre Peixe e os seus compañeiros rexeitaron calquera posibilidade de perigo.

Aínda habería tempo para que Adrián Ferro puidera anotar o terceiro, mais non atinou con solvencia e o marcador non se movería.

Antes de rematar o encontro o adestrador do Furia Martín cambiou a Manolo, ex-Carcacía, sendo despedido con unha salva de aplausos por tódolos presentes.

Final do partido. Apertas e saúdos entre todos os asistentes como se fose isto unha festa.

O MELLOR : os “case” tres goles de Manolo. Bravo !!!!

O PEOR :  a lesión de Manuel. Ánimo !!!!

Agora somos sextos con 27 puntos a cinco do Sálvora, líder da clasificación, ó que visitaremos o próximo domingo na Fieiteira (Riveira).

 

………………. HALA FURIA !!!!!

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *