REUNIÓN EXTRAORDINARIA

O  sábado 24 de decembro reunida a xunta directiva do Furia AC, acordou por unanimidade marcar o prezo único das entradas para toda a temporada en 4 € (catro euros).

O que se fai público para xeral coñecemento.

               HALA FURIA   !!!!!!!

IVº PARTIDO BENÉFICO “AMIGOS DA LENKA / AMIGAS DO LENKO”

O sábado 31, as 12 da mañá,terá lugar no Pavillón de Baño (Xanza) o tradicional PARTIDO BENÉFICO a prol de Cáritas de Vilagarcía.

O donativo por participante, xogadores, árbitros e público en xeral será de 2 € co ánimo de facer un bo bote para mercar alimentos para o comedor de dita entidade.

O número de telefono para anotarse é o  659 89 35 89.

Posiblemente ó remate haxa un xantar popular.

Moi importante : levar roupa deportiva e de aseo.

FURIA – CARCACÍA “DÍA DE NOITEBOA”

FURIA – 1 / CARCACÍA – 1

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures; ambientón nas gradas con mais de 250 espectadores que tiveron un comportamento exquisito. Primeiro partido do exilio.

Colexiado : Vicente Fiel, de Boiro. Ben, non tivo problemas. Os xogadores actuaron con moita deportividade. Amosou tres amarelas ó Furia e outras tres ó Carcacía.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Miguel, Juanjo, Martín, Manuel, Salva, de Nai, Xabi, Manolo, Tito e Álvaro (Adrián Martínez  “Lilu”,71′).

ADESTRADOR : Martín Busto.

DELEGADO : Marcos Jamardo.

 

CARCACÍA : Poli, Pedras, Fran, Henrique, Erik, Repetido, Tourís, García, Conde (Ares, 81′), Bello (Reino, 53′) e Miguens (Fraga, 72′).

ADESTRADOR : Rodrigo Crespo

DELEGADO : Xosé María Noia.

 

O partido empezou con moita marcha, no minuto 15 xa se marcaran os dous goles, o primeiro un bo zambombazo de Roberto Sieira “de Nai” dende fora da area que nada puido facer Poli. O segundo marcouno Xoán “Repetido” dunha falta directa dende 25 metros ´na que Peixe tan so fixo a estatua.

Despois disto o partido foi a peor canto quixo : o Furia a intentar xogala, perdendo unha chea de balóns, e o Carcacía a rompela atrás e roubando unha chea de balóns.

O partido foi parco en ocasións aínda que, se temos que sinalar unha, foi da que dispuxo no minuto 92 Adrián Martínez “Lilu” ó atoparse cun magnifico balón ó borde da area pequena e, cando xa se cantaba o gol, vemos que a pelota sae disparada por riba do peche do campo tendo que ir seu pai a buscala á casa de Alfonso.

Rematou o partido no minuto 95 con tódolos xogadores, árbitro, directivos e afición dándose a man pola deportividade demostrada.

O Furia, como xa o fixo público, agradece a actitude do Club de Fútbol Pontecesures e o apoio da Corporación Local.

http://www.pontecesures.net/

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

SP. LAMPÓN – 5 / FURIA – 2

Campo da Mina; terreo de xogo primitivo. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento do pai do xogador do Furia Diego González, facendo os xogadores dos dous equipos un emotivo circulo no medio do campo.                                                  Moito traballou a cantina. Nunca saberemos se o nome do campo e por unha “mina”  ou é que é unha “mina”.

Colexiado : Manolo Tanoira, de Santiago. Mal. No terceiro tanto do Lampón está o autor do gol en fora de xogo e co tres a un non lle sinalou un penalti a Adrián ferro de xeito incrible. Amoestou con catro amarelas ó Lampón e con tres ó Furia.

ALINEACIÓNS :

SP. LAMPÓN : Roberto, Dani, Paco, Serxio, Anxo, Óscar, Silva, Xosé, Fungueiriño, Sigfredo e Brión …..Álex, Silva, Gordon e Montes.

FURIA : Xosé, Maleko, Miguel, Salva, Manuel, Santi, Toñito, Pipe, Manolo, Tito e Álvaro …..Xabi, Marcos, Adrián Ferro e Adrián Martínez.

Situación moi semellante ó partido de Taragoña, salvando as distancias sobre todo polo terreo de xogo, onde o Furia se presentou a xogar con oito baixas motivadas por diversas causas. O Furia empezou o partido moi ben e puido adiantarse primeiro no marcador por medio de Álvaro e despois por  medio de Tito que fallaron estrepitosamente.

No ecuador da primeira parte o colexiado sinalou penalti a prol do Lampón por unha acción cometida por Pipe, motivando o primeiro tanto do partido. Antes do descanso tivo unha moi boa Álvaro pero o seu disparo foi á base do poste esquerdo.

Comenza a segunda metade e todos esperaban unha reacción dos nosos cando, nun “plis-plás” o Lampón enchufa o segundo. Imos con defensa de tres ó ataque total tipo “sétimo de cabalería” e, nunha contra en claro fora de xogo, anota o terceiro o equipo local. Case caen as gradas. Ninguén se esperaba isto.

No minuto 20, falta sinalada a prol do Furia no borde da area. Executouna maxistralmente Xabi Cotón por riba da barreira. Quedaban esperanzas.

Cinco minutos despois, Adrián Ferro foi derribado clarisimamente por un defensa provocando un penalti como unha casa. Todo o mundo o veu menos o árbitro.

Os nosos seguen ó ataque con mais corazón que cabeza e, na saída dun córner marcaría o ex-xogador do Furia Gordon o 4 a 1.

Noutro ataque do Furia Adrián Ferro poñía o 4 a 2 xa no remate do partido.

Xa en tempo de prolongación marcaría o Lampón o definitivo 5 a 2.

Os goles locais, tres deles a balón parado, foron obra de Dani, Silva, Xosé, Brión e Gordón.

Aparte do campo. Aparte das ausencias de varios titulares. Aparte da “Cea de Nadal” do véspera. Aparte de facer un punto dos últimos nove posibles. Aparte de todo isto…….Aínda estamos na posibilidade dos 24 puntos por volta que é son os que temos que facer para non ter problemas ó final da temporada.

Por todos vos e por todos nos, temos que conseguilo. Ó fin e o cabo isto non mais que fútbol.

O partido aprazado no seu día contra o Carcacía xogarase no Ramón Diéguez de Pontecesures o vindeiro sábado as catro e cuarto da tarde.

Queremos aproveitar esta última parte do texto para darlle as gracias ós representantes do Concello de Pontecesures por permitirnos usar as súas instalacións sen maiores problemas e a tódalas  veciñas e a tódolos  veciños deste Concello por ser tan comprensivos. Moitas gracias.

 

XORNADA DO 17 DE DECEMBRO

BENXAMÍNS

Furia – 6 / Abanqueiro “C” – 0

Campo de Campaña; moito frío.

Colexiado : Álex Álvarez. Ben. Fixo constar na acta que a porta do vestiario non ten chave; como se fose culpa nosa !!!!

Alineacións :

FURIA : Matías, Isaac, Martín Calvo, Martín Freiría, Iessica, Pabliño, Álex Rodríguez, Lauriña, Edgar e Leandriño.

ABANQUEIRO”C” : Aaron, Serxio, astaño, Manolo, David, Iago, Figueira, Manu, Diego, Dani, Miguel e Ismael.

Tres goles de Leandro e outros tres de Isaac foron suficientes para derrotar ó equipo bateeiro.

Agora toca descanso ata o ano que ven. Der boiños e xa nos veremos para o sete de xaneiro do ano 2012, que manda carallo.

 

INFANTÍS

Furia – 2 / Escravitude – 2

Seguimos en Campaña, seguimos con moito frío.

O mesmo árbitro. Ben.

Alineacións :

FURIA : Ionis, Rubén, Héctor, Paja, Pablo, David, Álex, Samu, Marcos e Toni ……. Ioni, Rubén Duro, Brais, Manu e Xoán.

ESCRAVITUDE : Mario, Benito, Serxio, Santi, Ignacio, Álex, Xabi, Pablo, Darío, Rubén e Cristian.

Duelo de colistas onde o equipo padronés puido levarse os tres puntos o poñerse por diante con o a 2 (goles de Pablo e Rubén), pero un arreón final con goles de Iarni e, na última xogada, de Salvadoriño no permitiron quedándose todo nun xusto reparto de puntos.

Ata o 21 de xaneiro non volveremos a xogar. Sede boiños e sorte para todos. HALA FURIA  !!!!!!

 

XUVENÍS

Calo “B” – 3 / Furia – 2

Campo de Rebordelo; frío, frío, frío.

Colexiado : Gustavo Vidal, de Santiago. Amosou unha tarxeta amarela por bando.

Alineacións :

CALO “B” : Iván, Brais, Carlos, Otero, Raúl, Iago, Adrián, Pablo, Lucas, Isaac e Miguel …… Perol, Luís, Castro e Borxa.

FURIA : David, Tempe, Miguel, Pablo, Quique, Álex, Ionis, Xosé, Alberto, Lucho e David ….. Dani e Curros.

Mala primeira parte onde David “Billetero” foi o antagonista ó deter dous penaltis ós de Teo impedindo que foran ó descanso con mais de 2 a 0.

Na segunda cambian as tornas. Catro palabriñas do técnico Perreta serviron para que os do furia saísen cun foguete no cu. De estar un pouco mais atinados o marcador ben pudo ser ó revés.

Marcaron polo Calo Campaña,2 e Pablo e polo Furia Alberto e Pablo.

Volveremos o sete de xaneiro. Sorte cas notas e non comer como as vacas.

 

PREBENXAMÍNS

Non xogaron ningún partido.

Tamén nos veremos en xaneiro. Se lle pedides algo ós Reis Magos acordarse tamén de nos.                                                                                                     Moitos bicos para todos !!!!

PRÓXIMOS ENCONTROS

PREBENXAMÍNS

Fútbol – Sala : Cordeiro “A” – Furia; venres 16, hora 18.30,

Pavillón de Dodro.

 

Fútbol – 8 : Furia  “DESCANSA”

 

BENXAMÍNS

Furia – Abanqueiro “C”; sábado 17, hora 11, Campo de

Campaña.

 

INFANTÍS

Furia – Escravitude; sábado 17, hora 12, Campo de Campaña.

 

XUVENÍS

Calo “B” – Furia; sábado 17, hora 12, Campo de Rebordelo.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Sp. Lampón – Furia; domingo 18, hora 16.15, Campo da Mina.

 

E VENCA …………………. HALA FURIA   !!!!!!

 

 

XORNADA DO 10 DE DECEMBRO

BENXAMÍNS

Fútbol Sala Dodro (9-XII-11) :

Cesures – 2 / Furia – 7 (Leandro,5 e Isaac,2)

Abanqueiro “B” – 8 / Furia – 1 (10-XII-11)

Campo da Charca; terreo de xogo en moi mal estado.

Colexiada : Ana Outeiral, de Boiro. Hai moito que remar.

Alineacións :

ABANQUEIRO “B” : Manu, Pablo, Ionis, Anxo, Óscar, Alberto, Serxio, Eloi, Samuel e Iván.

FURIA : Mati, Isaac, Martín Calvo, Martín Freiría, Iessica, Pablo, Álex R., Laura, Xosé, Edgar, Álex G, e Leandro.

O Furia non foi capaz de superar os catro goles fora de xogo que non sinalou a colexiada nin as características do terreo de xogo.

Goles do Abanqueiro : Anxo, Serxio,2; Eloi,3 e Iván,2

Gol do Furia : Leandro.

Próxima xornada: Furia – Abanqueiro “C”; sábado 17, hora 10, Campo de Campaña.

 

PREBENXAMÍNS

Cacheiras – 8 / Furia – 1

Campo da Cañoteira; regular entrada.

Colexiado : Serxio Maldonado, de Santiago. Sen problemas.

Alineacións :

CACHEIRAS : Xoán, Conde, Nicolás, Pablo, Carlos, Adrián, Xairo, Brais, Valentín, Rodrigo e María.

FURIA : Manolo, Xosé T., Roberto, Carlos, Runi, Mario, Iker, Salva, Aaron P., Darvin, Xosé C. e Aaron R.

Un Cacheiras moi superior fisicamente desbordou por completo o esquema táctico planeado por Peque.

Goles do Cacheiras : Pablo,2; Carlos,2; Xairo, Brais, Valentín e María.

Gol do Furia : Iker.

Próxima xornada :

Fútbol Sala Dodro :  Cordeiro “A” – Furia; venres 16, hora 18.30, Pavillón de Dodro.

Fútbol – 8 : Furia – Unión “B”; sábado 17, hora 11, Campo de Campaña.

…………………………. HALA FURIA !!!!!!!

 

 

INFANTÍS (12ª XORNADA)

Sálvora “B” – 1 (Pablo) / Furia – 1 (Samu)

Campo da Fieiteira; bastante ambiente en partido disputado o martes 6.

Colexiado : Fran Piñeiro, de Boiro. Encantador.

Alineacións :

SÁLVORA : Adrián, Carlos, Rubén, Daniel, Fernando, David, Nestor, Pablo, Cristian, Vidal e Ismael …….. Serxio, Campaña, Tomás, Brais e Xoel.

FURIA : Xabi, Rubén G., David, Manu, Paja, Rubén D., Pablo, Marcos, Héctor, Samu e Álex Vidal…….. Ionis, Ioni, Toni e Brais.

Partido moi ben traballado polos discípulos de Tito que, de estar un pouco atinados, o resultado houbera sido outro.

Sábado 17, hora 12, Campo de Campaña : Furia – Escravitude.

SUSPENDIDO O PARTIDO FURIA – CARCACÍA

Ante o pasamento na noite de onte de Francisco González Rodríguez “Paco o Rato” pai do xogador do primeiro equipo do Furia Diego González Sánchez “Diego Melenas” , a directiva deste club decidiu suspender o partido de hoxe unha vez informadas tódalas partes implicadas : Federación, Árbitros e, por suposto, o Carcacía SD.

A directiva do Furia agradece a boa disposición de tódolos afectados.

A directiva do Furia manifesta o seu pesar por esta fatídico óbito e non nos queda outra que agradecer as inmensas mostras de pesar que nos están a chegar e amosar o noso apoio a toda a súa familia.Descanse en paz.